07:45 Sabado, 15 de Marzo de 2025
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

01-03-2010

O director do agadic; Carlos Fasero inaugura o foro das industrias musicais de Galicia e norte de Portugal coa frase : queda inaugurado este pantano

Pantano ou depósito artificial de cultura

Valorar (11)

ROSA BUGALLO VECIÑO


Roberto Varela á cabeza do Foro "Creativa". Industria cultural Galicia-Norte de Portugal


Cultura de culturas. Unha análise historiográfico da valoración de cultura no s.XX, lévanos a establecer, a pesar da variedade de definicións do termo, que toda cultura é un sistema interconectado de formas de pensar, sentir e actuar máis ou menos formalizadas e comúns para un conxunto de persoas que constitúen unha colectividade particular e diferenciada de forma obxectiva e simbólica.

A cultura constitúe unha realidade dinámica e integradora; a cultura dunha colectividade transfórmase constantemente baixo a dobre presión do comportamento dos seus membros e do entorno exterior. Deste xeito a cultura ten un papel de motor de cambio no desenrolo económico, pois favorece a asunción de este desenrolo por parte da colectividade e xenera oposición cara as relacións de dominación social cultural  e económica. 

A acción cultural levada a cabo por un goberno debe establecer cales son os elementos fundamentais que configuran a intervención :As funcións (normativas, de servicio e de fomento)Os axentes (sector público, privado, asociativo..)As estratexias (formación, difusión, e apoio á creación artística). 

Ben, toda esta reflexión ben a conto porque se analizamos a labor do goberno galego queda moi claro que non entendemos o termo cultura dende o mesmo punto de vista. Que entende o Goberno do PP por cultura? A que cultura se dirixe as súas intervencións políticas? Cal é o seu programa cultural?.

No tempo que tiveron, eliminaron o departamento de internalización da música galega, fecharon centros de formación  musical, crearon unha política lingüística fundamentada nun territorio cultural alleo ao noso, abortaron o proxecto das galeescolas, prohibiron o apoio a proxectos baseados na recuperación e revalorización da cultura galega, eliminaron axudas dirixidas ao audiovisual, reduciron no concellos entre un 20 e un 40% as dotacións presupostaraas para as concellerías de cultura.... 

É unha evidencia, sempre o foi, que á política cultural do partido popular non está baseada nin dirixida cara o pobo galego. Simplemente somos o escenario onde se depositan e interpretan as programacións culturais doutro país, ao  igual que a auga nos pantanos, mantida e fechada artificialmente. 

Máis penso que  é hora de facer un exercicio de autoestima e recoñecer que culturalmente deste pobo só  temos coñecemento nós. Só nos temos a capacidade de eliminar o artificial e recuperar a cultura natural do noso pobo porque  historicamente fumos quen de recuperala, intrepretala e revarolizala. Este é o instrumento máis poderoso que temos os nacionalistas ; o coñecemento do propio.

Argumentos como a crise  estanos apartando do obxectivo; a defensa da nosa cultura como elemento diferenciador, identificador, social cultural  e económico. Se abandonamos e mantemos en silencios ás atrocidades que esta a sufrir todo o noso universo  cultural a batalla do nacionalismo estará mais que perdida.Enamais...

[02-03-2010 ] Lobo comentou:

Collendo o fio de Rosa Bugallo, e suscribindo toda as criticas que fai a politica de demolicion cultural do PP e do goberno da xunta, preguntome, ulo a politica cultural do Bng? levo militando dendo os anos 70 no nacionalismo e salvo a movilizacion levada polo Frente Cutural nos anos 70 do pasado seculo, non se fixo unha politica cultural programada e sostida no tempo, sempre se foi a remolque dos acontecementos sempre en defensa de...
non hubo nin hai unhas liñas claras para os diversos sectores da Cultura, e un obexetivos a medio e longo plazo, o cortoplacismo se impon, a miopia dos nosos responsables culturais e evidente, hanta cando,? agardo que se presente o mais cedo posible un proxecto cultural que ilusione e movilice a militancia, mentras non se faga asi seguiremos as atoutiñadas. Saude

[02-03-2010 ] Nélida Fernández Rodriguez comentou:

Sobrado é dicir que como nacionalista que son, estou totalmente dacordo co teu criterio, e quero dende eiquí animar a todos os axentes culturais, programadores e xente vencellada ao mundo da cultura en xeral, a seguer loitando pola recuperación de un patrimonio cultural, e pola difusión do mesmo.
Vivo nun concello no que parece que todo xa estivera extinto, varrido totalmente do mapa. De ser unha sociedade rural pasouse; sen punto intermedio,a unha sociedade descastada e descafeinada, que persiste na teima de camuflar e esquecer as súas raices.
De familias humildes, fortemente enraizadas na veciñanza e nas relacións co entorno, nacen xeracións de rapazas e rapaces que se comunican noutra lingua, que consumen cultura allea a raudais, e que non participan apenas,en nengunha iniciativa cultural ou asociativa que xurda no noso Concello.
Parecen non ver a necesidade de preservar nada que teña que ver cunha cultura que gabea pola sua árbore xenealóxica ata chegar a eles, e como dicía o outro día Ricardo Polín nunha charla, son depositarios, e teñen sen eles sabelo, a obriga de preservala para que as xeracións vindeiras saiban a que resposta a súa particular forma comunicarse coa sociedade na que viven.
Nen un paso atrás, ai que levar a nosa cultura ao lugar que lle corresponde. Que os cambios políticos non nos amedrenten, en vós, coa axuda de toda a cidadanía, recae o peso de facenos valer. Enamais.

Unha aperta grade Rosa

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña