06:50 Domingo, 15 de Novembro de 2026
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-05-2010

“O que necesita o mal para triunfar é que algúns homes bos o fagan”

Outra vaca no millo

Valorar (12)

ROSA BUGALLO VECIÑO



Durante toda a semana os telexornais abriron ou fecharon coa nova de que un toureiro sufriu unha grave collida. Levamos dende decembro presenciando o debate no Parlamento Catalán sobre a prohibición ou non das corridas de touros, logo de que fora presentada unha iniciativa lexislativa para vetala.  O representante deste toureiro foi un dos convidados a defender  "la fiesta de los toros" neste  Parlamento. Políticos, artistas, o presidente do goberno español,  fixeron declaracións de apoio ao estado de saúde do toureiro. Os titulares e as declaracións  de moitos políticos definíano como heroe. A intervención mediática nos posicionamentos do debate non deixa lugar a dúbidas.

O argumento principal utilizado polos antitaurinos é a crueldade que sofre o animal.  Os defensores de "la fiesta" rapidamente contestan  valorando  os distintos graos de sufrimento aos que podemos someter a outros seres e a finalidade deste sufrimento: sofre pouco, moito, moito menos que, sofre para que? Para que nós alimentemos, nós divirtamos, desafoguemos,....

Mentras que os defensores din que  "la fiesta" é  a propia "fiesta", é dicir, o espazo de diversión que como cidadáns-traballadores merecemos para relaxarnos e  seguir producindo tranquilamente,  e a apartación económica que esta supón para os concellos e ganderías.

Este debate caeu nun sen sentido de argumentos falsos dirixidos cunha dobre finalidade: aproveitando que foi o Parlamento Catalán quen o aceptou  para dirixir a súa critica aos nacionalistas  e  ocultar o sistema de  valores que rexen a  sociedade.

A gran portavoz e defensora de "la fiesta" saíu ao rodo atacando aos nacionalismos e proclamando as corridas de touros como  ben de interese cultural . A Lei do Patrimonio Histórico contempla a posibilidade de outorgar esta cualificación a feitos culturais de relevancia e significado, isto supón que os concellos que a aproben están obrigados a colaborar coa súa protección e se trasladará as aulas elaborando programas escolares divulgativos. Formando cidadáns.

A nosa moralidade non depende das cousas que queremos, senón do principio pola cal as queremos. Que principios morais implican as corridas dos touros? Dentro deste "sistema democrático de dereitos universais", o sentimento que implican e potencian  este tipo de "celebracións" é o da  crueldade : capacidade de gozar do sufrimento alleo e da súa situación de debilidade. Evidentemente democratizado, xustificado e legalizado dentro dunha amplía xerarquía de poderes. Naciches para.. , serves para...

O sistema capitalista soubo disfrazar esta  xerarquía de poderes a través dos espazo: espazo de ocio, público, privado, laboral, espazos para presenciar o sufrimento dos demais durante unha hora e poder dirixir e controlar, deste xeito, os nosos instintos de poder e sometemento. Podemos falar de putas ou de touros,  é o mesmo..., democraticamente permitidos para liberarnos, divertirnos...

Como nacionalista e de esquerdas son antitaurina como consecuencia. A consecuencia de crer nunha sociedade asentada nun sistema de valores  que entenda a moral non como un poder facer senón un deber facer para a sociedade: o deber de poñerse no lugar do outro, da outra...

E máis nada...


1 2 seguinte

[05-05-2010 16:40] Medios comentou:

Para Luisa; eu no artigo non vexo unha comparación de putas e touros, senón unha equiparación de ambos como vítimas de un sistema amoral que canaliza as ansias de somentento dos seus membros cara actividades, que disfrazadas de lúdicas, entrañan un grado de violencia e de veixación, grande, moi grade. Concordo plenamente con Rosa. Non é moral que un sofra para que outro se divirta, é unha perversión moral, por moitos cartos que esta crueldade xenere.

[04-05-2010 15:41] Luisa comentou:

Pois a verdade é que a min a comparación "putas-touros" non che me gusta moito, a verdade. Eu, de momento, considero as putas persoas coma min.

[04-05-2010 11:18] xoxua comentou:

dacordo coa idea de que se trata de imporse sobre algo. as touradas ou ir de putas ven sendo o mesmo, o problema esta en que no segundo caso falamos de persoas. é un xeito curioso de realizacion persoal: ver sufrir un animal ou facer sufrir a unha persoa

[03-05-2010 ] Medios comentou:

Excelente artigo, non hai como un pouco de filosofía para remexer as conciencias.

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña