23-05-2010
En fin, tres días despois desa significativa mobilización, Feixóo anuncia a aprobación do decreto, tendo en conta, só parcialmente, o ditame do Consello Consultivo, para a retirada de parte da polémica consulta ás familias. Como era fácil prever, os entes que propugnan o falso bilingüismo móstranse tremendamente airados e xogan co goberno a "policía bo-policía malo". Chaman a Feijóo "mentiroso en el sentido literal de la palabra" por retirar a consulta aos pais. Curiosa defensa a ultranza do bilingüismo, por certo, só en castelán. Mais seguramente máis preocupante que todo isto é a intención de Feijóo de modificar a Lei de Normalización Lingüística.
Tiveron que pasar dez anos desde a súa morte e tivo que chegar o Día das Letras Galegas para que a obra de Novoneyra fora obxecto de atención. Son escasísimos os traballos que se elaboraron sobre a súa figura e a súa poesía ao longo destes últimos anos. Só agora, co gallo da celebración do 17 de maio, fomos convidados a regresar á súa obra e a redescubrir o poderoso canto de Uxío Novoneyra e o seu inquebrantábel compromiso coa súa patria.
No final do artigo publicado hai agora un mes, facía referencia a unha ampla entrevista, publicada no xornal El País, cos profesores Mauro Fernández (UDC) e Henrique Monteagudo (USC), entrevista que é un auténtico modelo de adaptación á autoridade reinante e de nadar entre dúas augas, na procura dun "centro" que, de por parte, é moi oportuno para se situar equidistante dos "extremos" perniciosos. Nun cabo estaría o negacionismo tipo Galicia Bilingüe e no outro os "radicais" nacionalistas. No medio e medio a seráfica bondade dos "moderados" e "ponderados" técnicos a quen non agradan totalmente, por exemplo, as previsións do anunciado novo decreto para o ensino, mais que, moi "sensatamente", avisan sobre os erros do nacionalismo e sobre as feblezas da sociedade galega, tan pouco enérxica á hora de reivindicar o idioma de seu.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.