13-05-2010
Choncha, de costas á parede afánase en atar unha rede. Co pano espallado por riba das pernas manexa o lanzal coa présa do vento, sinala os lindeiros das mallas de maneira precisa, dálle a feitura e caída axeitada a cada unha das voltas e dos nós.
A Xunta de Galiza e o Partido Popular non paran nos seus ataques á lingua galega. Desta volta aféctalles ás bibliotecas escolares ás que se lles suprime a obriga de adquirir un mínimo de libros en lingua galega. O goberno de Núñez Feixóo ten utilizado o tempo do seu mandato e as competencias propias do país para de(s)construír a nosa nación. Estase empregando a fondo no seu ataque aos sinais que nos identifican como nación, e con maior intensidade e ferocidade contra o de maior simbólico: a nosa lingua.
Xosé Luís Rivas (Mini) publicaba recentemente nesta revista un artigo, que vos recomendo, titulado A chousa dos mortos. Nunca pensei que se puidese falar con tanta beleza dun tema tan tráxico, tan noxento, tan amargo. A represión que padeceu Galiza por parte das forzas sublevadas foi terrible, coma no resto do estado español, aínda hoxe agochamos na nosa terra os restos dos fusilados que converten o noso país nunha chousa de mortos (aramos sobre os mortos nesta Terra e o noso pan ten un sabor a osos familiares, irmáns, o monte berra baixo o arado e chámannos os nosos).
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.