02-05-2010
Durante toda a semana os telexornais abriron ou fecharon coa nova de que un toureiro sufriu unha grave collida. Levamos dende decembro presenciando o debate no Parlamento Catalán sobre a prohibición ou non das corridas de touros, logo de que fora presentada unha iniciativa lexislativa para vetala. O representante deste toureiro foi un dos convidados a defender "la fiesta de los toros" neste Parlamento. Políticos, artistas, o presidente do goberno español, fixeron declaracións de apoio ao estado de saúde do toureiro. Os titulares e as declaracións de moitos políticos definíano como heroe. A intervención mediática nos posicionamentos do debate non deixa lugar a dúbidas.
A nosa antroponimia presenta tal grao de alteración e deturpación que se converteu nunha das máis estragadas dentro do conxunto dos idiomas romances, afectando de forma moito importante aos apelidos e de modo case completo aos nomes de pía: Paio, por exemplo, tan frecuente noutros tempos, desapareceu practicamente. Se desfigurar ou ignorar propositadamente os nomes ou apelidos é unha maneira de menosprezar ou degradar as persoas, deturpar ou traducir como criterio xeral a toponimia e a antroponimia dun país é unha forma eficaz de o humillar e colonizar, contribuíndo para anular a súa personalidade e para borrar a súa memoria histórica.
Polo menos desde o momento que tiven conciencia do meu país, nun sentido crítico e profundo, non deixou de preocuparme que senten ou que sentimos os galegos cara a Galiza, que somos e como nos integramos no mundo. Estamos moi lonxe aínda de vivirmos nunha situación en que se asuma dun xeito espontáneo e natural a conciencia galega, que permanece solapada nunha superior omnipresente, a española. A maioría das veces, cando un mozo/a chega a reparar neste dilema, non sen poucos conflitos, acaba facendo descobertas que teñen dimensións de revelación.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.