07:42 Sabado, 15 de Marzo de 2025
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
"Cristo" de Seoane 25-03-2010

Fondo coñecedor de Terra Santa, de Palestina, a nación do Mestre. Autor dunha das súas mellores guías. Sabio, humilde, bo e xeneroso que lembraremos sempre

Don Manuel Espiña e a igrexa da Liberación

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ

El si que foi  "... un semplice e umile lavoratore nella vigna del Signore..." e  podemos brindar e comulgar con ese viño, producto da Terra e do traballo.  Aquí era fácil atopalo, onde se escoitan os idiomas maternos cos que se fala do paro, da enfermidade e dos problemas cotiáns... a loita pola vida, entre as contradiccións deste tempo do pelotazo e da conseguinte precipitación no puzo da crise. Seguidor do Cristo bo e xeneroso entre a súa tribo de xente do común,  quen non soporta que se faga do templo un supermercado e dos símbolos unha cerimonia inútil. Estar pra servir. Leal ós seus e á cidade, A Coruña.


3 comentarios |
Valoración
24-03-2010

Facernos visibles ou quedar apampados

No escaparate da Gran Mazá

MANUEL VILAR ÁLVAREZ

Torreón de Pontedeume con bandeira española

O Conselleiro de Cultura é diplomático, aínda que só de carreira. Enténdese que un diplomático sabe negociar e buscar contactos para levar a cabo relacións institucionais e proxectos. Ten agora a oportunidade de facer visible a cultura galega na maraña que pode ser a gran cidade de Nova York, onde tamén se escoita o galego nas rúas, onde pasou un tempo do seu exilio Castelao facendo campaña pola II República, escribiu parte do Sempre en Galiza, rematou Os vellos non deben de namorarse e fixo debuxos de negros e de Milicianos.


0 comentarios |
Valoración
23-03-2010

As estratexias do PP para desprestixiar o tecido asociativo a favor da lingua galega

O diñeiro público e a promoción do idioma: moito do que falar

IRIA TAIBO CORSANEGO

Galego

O ABC publicou este luns 22 na súa edición galega un artigo sobre as axudas públicas recibidas pola Mesa pola Normalización Lingüística, o que pode dar pé para reflexionarmos sobre a obxectividade na información e a transparencia e os criterios de concesión de axudas públicas


0 comentarios |
Valoración

MANUEL LÓPEZ FOXO


22-03-2010

Carta aberta a Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo

Non sodes dignos de pronunciar o nome de Novoneyra

1 comentarios |
Valoración

MANUEL XESTOSO GONZÁLEZ


19-03-2010

Unha exposición e un libro revelan os estigmas ideolóxicos que permanecen no discurso público sobre a cultura

Tabús

0 comentarios |
Valoración

MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO


21-03-2010

Todo o que antecede debe facernos pensar en como non podemos renunciar de nengunha maneira á batalla pola lingua nativa e nacional da Galiza

A voltas coas agresións á lingua de noso...

2 comentarios |
Valoración

XOSÉ LUÍS RIVAS (MINI)


15-03-2010

¡Que desperdicio de aprendizaxe infantil! ¿Quen nos roubou a conciencia de colectividade e de pobo?

Mágoa que...

3 comentarios |
Valoración

CARLOS MANUEL CALLÓN TORRES


18-03-2010

Ningunha crianza das cidades terá contacto escolar co galego até os 6 anos

O decreto do equilibrio?

2 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...              < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña