A estas alturas case todo o mundo sabe, aínda que algúns e algunhas non o queiran recoñecer, que esta guerra de Ucraína non a empezaron nin Rusia nin o “malísimo” Putin, pois todo empezou en febreiro do 2014 por medio dunha “revolución laranxa” desas que organiza a CIA estadounidense cando non lle gusta o goberno elixido polo pobo e quere poñer un tírete que se deixe dominar e que sexa submiso aos mandatos do Tío Sam, tal como fai agora o soldado Sánchez (ou pagafantas, como lle chama Pablo Iglesias) e os demais lambe-botas europeos. Sabemos que esa revolución rematou nun golpe de Estado apoiado por grupos nazis, seguidores de Stepán Bandera e Román Shujévych, que destituíu ao lexítimo presidente, Víktor Yanukóvich para poñer no seu lugar ao dereitista Petro Poroshenko.
Hoje foi um desses dias em que os médios mostram o limite grotesco ao que pode chegar o mundo da moda, uns tênis de Balenciaga, com aparência suja e estragados por 1.450 €, e esgotados em horas, o nível de estupidez humana parece nom ter limite. Mas este é um caso peculiar dentro do mundo da moda, que nom só move um grande e cada vez maior volume de negócio, e que avança a grande velocidade como atividade poluinte e produtora de resíduos, tanto no processo produtivo como na distribuiçom, venda, uso e rejeitamento
É, sen dúbida, un feliz accidente que coincidise o anuncio da (relativa) derrota de Marine Le Pen nas urnas nas pasadas eleccións presidenciais francesas co 48 aniversario da Revolución dos Cravos cando, en 1974, o povo portugués se levantou para derribar o réxime fascista e colonialista de Salazar.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.