Un estreamer de máis de un millón de seguidores contábao como unha tremenda peripecia, xustificando estas tácticas dos seus amigos para ligar con mulleres e poder manter relacións con elas, entre a inseguridade e a incapacidade de soportar unha negativa por resposta, non ven outra opción que a de violar. Esta súper artimaña da sedución é un dos tantos piares que sostén a cultura da violación.
Así, como se dunha xigantesca maquinaria –por non dicer unha maquinación– perfectamente coordinada de branding comercial se tratase, a propaganda con que nos bombardean os meios de desinformación sistémicos levan traballando ao unísono para espallaren e faceren calar unha mensaxe simplista, reducionista e polarizante sobre a situación na Ucraína e a invasión rusa. Segundo esta narrativa monotemática e monocromática máis propria dun cómic Marvel, por un lado, os rusos e as rusas non son máis que peóns ignorantes enganad@s polas diabólicas embustes dun malévolo psicópata ao temón da infoxificación à escala global. Non son adepto de Putin, mais tampouco é el quen –lembremos– leva sementando a guerra a miseria ao redor do planeta ao longo das últimas décadas. E polo outro, no lado da luz, están as ucraínas e os ucraínos, co drama das mulleres e crianzas refuxiadas e os seus heroicos homes que encaran os tanques seica coas súas maos núas (ou máis ben con armas occidentais), encabezados por un mesiánico e super-herói, antes comediante televisivo que sabe manexar os fíos dos meios como un auténtico profisional. Nada a ver, pois, coa imaxe de terroristas con que se retratan os palestinianos que defenden a súa terra con tirafondas e pedras frente à invasión e o xenocidio sionistas ou as imaxes daqueles outros refuxiados que preferiron condenar a morrer de frío antes de deixalos pasar a fronteira da Polonia, agora tan acolledora. Mais xa falei desta hipocrisía de xeito prolixo nunha miña contribución anterior.
Cando chegan as elección xenerais ao Parlamento español sempre hai alguén que di que neste caso non vale de nada votar a partidos nacionalistas, pois eles nunca chegarán ao Goberno central do Estado. Non se dá conta que o presidente elíxeno despois os Deputados no Parlamento e que para iso serven tamén os votos das organizacións nacionalistas, como foi o caso da investidura do soldado Sánchez, que saíu elixido grazas aos votos do BNG galego, de EH-Bildu e PNV de Euskadi e de Esquerra Republicana de Catalunya, aínda que serviu de pouco investilo, pois fixo políticas de dereitas e recortes sociais, coma si dun goberno do PP se tratara
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.