06:43 Sabado, 14 de Marzo de 2026
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
23-02-2022

Enxergar a nación con todos os sentidos + a cultura: a peregrinación a Compostela dos de “Nós”

Ascese na busca do “Espírito” que é a cultura: as tradicións, a creación, as relacións....

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ


Dende sempre Galiza acendeu faros, abriu portos,  camiños, tendeu pontes e tramou a paisaxe de encrucilladas sobre as que ergueu ao ceo cruceiros cos que sintetizar o viacrucis: velaí os camiños que converxen no sartego de Compostela e mesmo seguen a Fisterra. Peregrinación simbolizado pola cuncha de Venus... entre tantos outros vieiros que levan a santuarios dedicados á Virxe ou a algún santiño, o que mesmo puidera non estar na nómina romana...E esoutro camiño do setentrión, o que leva aos acantilados da Serra da Capelada, ao Santo Andrés de Teixido.  Santuario, onde se aprende, como no oriente, que a vida é ascese de perfección, do caos aos cosmos: pois contan as lendas que a Teixido vai de morto o que non vai de vivo....e neste caso farao a xeito de réptil, de cobra ou de sapo. Transmigración sorteando o caos orixinal na busca da perfección cósmica. Idea que reflicten as estelas galaico-romanas:  as que representan pegado á terra, nas orixes o nome, sigue a ascese, representada por un xeito de escenas como a vendima, o tear, o transcorrer dos días e das estacións.... e no remate na terceira e última parte, nese coroamento triangular, semicircular representarase o Cosmos, a harmonía e farase por trisqueles, rosáceas... 


0 comentarios |
Valoración
21-02-2022

CAPITALISMO GLOBAL

FRANCISCO GRAÑA


O feito de que hoxe o sistema capitalista abrangue todo o planeta, non denota que teña as mesmas particularidades en todo os territorios, espazos nacionais e culturais que ocupa. Tendo en conta o seu permanente movemento e dinamismo, moi superior as das precedentes formacións económico sociais. Porén, a acumulación e centralización do desenvolvemento capitalista no Occidente,  levou a formación dun só centro de  Poder mundial, que despois de varios conflitos e guerras interimperialistas deu como resultado a súa xerarquización global,  na que a maior parte dos países aínda mantéñense atados ao bloque do centro imperialista dos EEUU.



2 comentarios |
Valoración
07-02-2022

SÍ HAI FRONTEIRAS

HELENA VILAS VIÑAS


Tremendo talento ninguneado por tres persoas dun xurado que fan pensar que de música saben o que eu de metafísica, tres persoas que non lles interesa poñer voz galega á multiculturidade do Estado Español, non lles interesa en absoluto mais iso xa o sabíamos, penso.  Non só é unha canción, representa moito máis, unha oda á diversidade, á solaridade, á fraternidade, á convivencia coa riqueza das nosas linguas, é poesía. É memoria, é futuro, a forza das súas voces, moito máis que unha posta en escea, foron quen por uns días de unir a un povo, non quero ser esaxerada pero é que en tres días vin máis unión e afinidade entre nós e con xente do Estado Español que valora e recoñece o noso, que en calquer evento deportivo ou doutra índole.


7 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 329   330  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña