03-07-2010
A crise actual persistirá e mesmo aumentará. Os seus efectos son variados e a miúdo desiguais nos distintos países europeos. As respostas sociais e políticas aos retos que representan para as clases traballadoras, as clases medias e a clase dirixente varían e variarán dun país a outro
Fai dous anos, os europeos debatían se o preámbulo da Constitución Europea debía mencionar o cristianismo como factor clave do patrimonio europeo. Como adoita ser habitual, chegouse a unha solución de compromiso, unha referencia en termos xerais á herdanza «relixiosa» de Europa. Agora ben, O que fai singular á Europa moderna é que se trata da primeira e única civilización en que o ateísmo é unha opción plenamente lexítima, non un obstáculo para calquera cargo público.
Chegou a hora de recoñecer que a orde mundial unipolar emerxente logo da implosión da URSS, terminou. Contra todo o vaticinado alegremente (incluso o exabrupto acerca do final da Historia) foi efémero: non chegou a durar vinte anos e por iso dá para pensar que aquela implosión non foi máis que o primeiro acto, grandioso, dunha traxedia en dous. A orde mundial xurdida da II Guerra, terminou en forma completa: os dous grandes liderados dunha xeopolítica dolorosa e coidadosamente deseñada, abdicaron cada cal ao seu xeito.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.