23-06-2010
Recentemente o Presidente de Alemaña tivo que dimitir logo admitir. Por raro que pareza, a súa dimisión estivo motivada por dicir a verdade, por seren honesto, e falárenlle claramente ao pobo alemán e dicirlle o verdadeiro motivo do despregue de tropas deste país en terras afganas, e non é outro que defender os intereses económicos e estratéxicos de Alemaña.
As ideas de liberdade en Latinoamérica chegaron da revolución francesa pasando pola revolución estadounidense de independencia. Mentres España fundaba seminarios e universidades para estudar retórica, gramática, teoloxía e dereito en América, as clases altas das colonias latinoamericanas marchaban a Francia, Italia e Inglaterra a recibir educación política.
Entre o 17 e o 20 de xuño celebrase o "Dia de Galicia en Euskadi". Este día de festa, que se ven conmemorando desde fai vinte e catro anos e que, segundo Manuel María, é unha afirmación de galeguidade. Está organizado pola "Irmandade de Centros Galegos en Euskadi" e vaise celebrando cada ano nas poboacións onde existe un Centro Galego ou Casa de Galicia dentro das tres provincias vascas que desgobernan Patxi López e Antonio Basagoiti.
Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.