11-05-2010
Para unha nación negada como a nosa as relacións con outros pobos son complexas, pois o descoñecemento e a incomprensión están á orde do día; aquelas persoas que realizamos traballo no ámbito internacional sabemos do lento que é facernos un lugar e situar a Galiza como nación no mundo e ingualdade de condicións que o resto, xa sexa no ámbito político, no sindical, no cultural ou en calquera outro; a falsificación e ocultación da historia, as inercias e os intereses creados están á orde do día.
Para dentro de moi poucos días están convocadas unhas eleccións xerais no Reino Unido, onde, por vez primeira desde 1997, hai visos claros de que o Partido laborista non vaia saír gañando. A visión (non tan falsa) que se ten da política británica é que non dista moito da imaxe da política estadounidense, onde compiten entre si dous grandes partidos que apenas se distinguen na súa orientación política, neste caso o partido conservador, de centrodereita, e o "novo" Partido laborista (New Labour) de Blair de centroesquerda, moito máis achegado aos valores tradicionais dos conservadores desde que se purgou o partido dos elementos tradicionalistas da esquerda británica sob o reinado de Blair.
O guieiro leva tempo marcado e hoxe ponse a andar. Acábase de conceder a Grecia unha "axuda" para o período 2010-2012 que ascenderá a 110.000 millóns de euros dos cales 80.000 serán aportados polos estados da zona euro. Yorgos Papandreu, primeiro ministro grego, vaticina "os gregos deben de elixir entre a catástrofe ou o sacrificio" trátase de "supervivencia nacional". Non deixa moita opción Papandreu. Cales serán eses sacrificios e por que?
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.