17-04-2010
A raíz do tiroteo de Dammery-les-Lys no que morreu o policía francés Jan-Serge Nerin e a aparición do corpo sen vida do membro de ETA, Jon Anza, nótase nos ministerios de interior de entrambos países un nerviosismo pouca veces visto, pero aquí xa estamos curados de espanto despois de que tantas e tantas veces negaran as evidencias e o tempo, por desgraza, sempre dera a razón aos mais mal pensados.
TRADUCIDO POR ROBERT NEAL BAXTER
As Forzas Especiais estadounidenses tiveron que recoñecer ser responsábeis de máis crimes de guerra en Afganistán. Este recoñecemento, como xa vén sendo habitual nestes casos, xurdiu após un grupo de superviventes afgáns acusar as tropas dos EUA de mataren a tiros tres mulleres nunha operación levada a cabo en febreiro, incluíndo dúas mulleres grávida, nais de dez e seis fillas/os respectivamente.
En Cuba hai pena de morte, como na maioría dos Estados do Caribe, e os que estamos contra este tipo de castigo podemos e debemos manifestar o noso desacordo, e a Cuba non lle queda outra que asumir as críticas e pagar o prezo político que lle reporta cada vez que a aplica (aínda que son moi raros os casos a diferenza de EEUU). Agora ben, imos a prestarnos a hipócrita campaña que está a promover o imperio contra este pequeno país que se resiste a someter ao seu dominio? Imos aceptar esta dobre vara de medir? Deixarémonos cegar polas luces do esplendor da exhibición suntuosa de termos como “dereitos humanos” e “democracia” cando se condena a cada vez máis persoas á categoría de “homo sacer” e se lle retira toda soberanía aos pobos ocupados?
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.