23-03-2010 Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez
A raíz do caso "Orlando Zapata" unha grande lupa se fixou sobre Cuba e todos os medios de comunicación dedicaron horas da súa programación a falar sobre a violación dos dereitos humanos na illa, e os gobernos e os parlamentos, mesmo os concellos a iniciativa do PP foron pronunciándose sobre o caso. Alguén que no medio desta ofensiva mediática se lle ocorreu dar algún dato obxectivo, como fixo Guillermo Toledo ao comentar que se trataba dun delincuente común, foi linchado publicamente.
Despois de que o pasado 16 de febreiro rematara o debate do documento "Zutik Euskal Herria" no seo da Esquerda Abertzale e se deran a coñecer os seus contidos ninguén se quedou indiferente e, a partir de aí, creouse un ambiente de ilusión na sociedade vasca e unha reacción represiva por parte do estado.
O pasado terremoto de Haití provocou unha auténtica avalancha de información nos medios de comunicación do mundo enteiro: todo aquel que así o quixo -ou aínda sen querelo- foi informado, minuciosamente, de cifras máis ou menos exactas sobre o número de mortos e de feridos, sobre as perdas materiais que se produciron, sobre as axudas humanitarias que enviaban os diferentes países, sobre as dificultades que xurdían para levar a cabo un reparto equilibrado, sobre a necesidade de reconstruír o país...
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.