08:20 Sabado, 15 de Marzo de 2025
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

LOIS DIÉGUEZ Perfil

Monforte de Lemos, 1944

Lois Diéguez


Estudos de bacharelato na súa cidade natal e de Enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerceu no Concello de Lugo durante 37 anos. Foi deputado polo BNPG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego.

Ten un amplo campo de traballo como colaborador de xornais e revistas (El Progreso, A Nosa Terra, Terra e Tempo...), na Radio (Galicia Sempre), como compoñente do grupo poético Círculos Líticos en realización de espectáculos culturais, ou como presidente de LugoPatrimonio na defensa do noso Patrimonio material e inmaterial. Activo conferenciante tanto no noso país como fóra del e inquedo viaxeiro por países de África, Europa e Asia. Actualmente é membro da Permanente do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Da súa ampla obra literaria destácase, en narrativa,  A canción do vagamundo (1986), Monólogos do espello (1993), Viaxe ás terras encantadas de Lemos (1999),  A casa de Galiaz (2003), ou a súa última novela O canto do Muecín (2007).  En poesia destacamos Albre de espranza (1966),  O ferro dos días  (1982) ou Ónfalos (2001).

Prémios literários: en poesía: Colexio Minerva de Compostela,  Xogos florais de Monforte. En novela: Casa de Galicia de Bilbao (1975) por Galou z-28,  ou o Blanco Amor de 1986 por A Canción do Vagamundo. No 2009 obtivo o premio Cunca das Artes, da Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP) no apartado das Letras.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña