Licenciado en Lingüística e Francés pola Universidade de York (R.U.) traballou durante varios anos nas escolas en lingua bretoa, Diwan. Instalouse definitivamente na Galiza en 1993, exercendo como profesor de interpretación simultánea e consecutiva (galego-inglés) na Universidade de Vigo desde 1995. Ten varios artigos publicados sobre a tradución e a normalización das linguas minorizadas (sobre todo o galego e o bretón) e sobre tradución e xénero/sexualidade. Milita no BNG case desde a súa chegada á Galiza, entrando no Consello nacional no seu XII Asemblea Nacional coa responsabilidade de Coordinador do Grupo de Traballo LGBTI, e é membro do Secretaría de Relacións Internacionais da UPG. Ficou encargado de xeito oficial da corrección lingüística do Terra e Tempo a partir do número 11 de maio 1999.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.