21:20 Mércores, 15 de Xaneiro de 2025
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

RAÚL RÍO DÍAZ Perfil

Guitiriz, 1950

Raúl Río Díaz


Estudou Maestria Industrial en Lugo. En 1969 emigra a Bilbao onde traballa de peón de albanel, de caldeireiro e soldador en varios asteleiros, de siderúrxico nos Altos Fornos de Vizcaya nos que exerceu de sindicalista e que aínda segue a exercer na factoría de Etxebarri de ArcelorMittal.

Delegado de Cultura durante dous anos na Casa de Galicia de Santurtzi, funda en 1994, conxuntamente con outros emigrantes, a Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo. Colaborou con artigos de opinión en varios periódicos vascos e galegos así como en varios libros colectivos. Aficionado a escultura, tallou en granito o busto do poeta Xosé María Diaz Castro que se atopa na súa parroquia natal e a placa en baixo releve que se colocou na casa de Barakaldo onde viviu D. Ramón Cabanillas.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña